Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Poden tramitar axudas ata o día 22 deste mes os hostaleiros do Pino

Segundo o número de persoas que traballen no negocio recibirán 1.500, 1.000 ou 600 €

O Pino. Os propietarios de establecementos de hostalaría e restauración do municipio do Pino teñen ata o día 22 deste mes (incluído) para solicitar as axudas que aprobou a xunta de goberno local por un montante global de 90.000 euros. E é que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar esta semana as bases da convocatoria.

A xunta de goberno aprobou na súa reunión do pasado 16 de febreiro esta nova liña de axudas para o sector da hostalaría e da restauración do municipio. Poderán solicitalas os donos dos negocios que estiveron abertos durante o ano 2020.

Dende o goberno local explican que as peticións deberán tramitarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O importe das axudas variará en función do número de empregados de cada local. En todos os casos, á hora de computar o número de persoas empregadas terase en conta sempre ao dono ou xerente, aínda que esté dado de alta no réxime de autónomos. Os locais que conten con ata 5 empregados recibirán ata 600 euros de axuda. Os que teñan entre 6 e 10, recibirán 1.000 euros, e os que conten con máis de 11 asalariados, ata 1.500 euros. A.P.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.