Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio para os tordoienses que merquen nos negocios locais no Nadal

Máis dunha trintena de locais participan na iniciativa do Concello ‘Xuntos somos máis’

Tordoia. Achégase o Nadal e polo tanto, un dos momentos nos que aumenta o consumo. Dado que a pandemia está a provocar unha grave crise económica no sector da hostalaría e nos pequenos negocios, o Concello de Tordoia decidiu aproveitar a proximidade das festas para promover unha iniciativa que axude aos establecementos da vila. Leva por título ‘Xuntos somos máis no comercio local’.

Un total de 34 negocios de Tordoia contan con cartóns compostos por seis selos, e cada un cúbrese ao facer unha compra mínima de dez euros. “Poden ser as seis no mesmo establecemento, é algo que cambiamos”, explica o rexedor, Antonio Pereiro. Ademais, sinala, “participan todo tipo de negocios, tamén perruquerías e supermercados”, concreta. Unha vez se completan os seis selos, hai que depositar o cartón cos datos completos nunha das urnas (que están ubicadas polos negocios adheridos). O día 5 de febreiro celebrarase o sorteo. Os consumidores terán a oportunidade de gañar un dos tres bonos de 100 euros para gastar nos negocios da vila unidos á inicitiva.

A campaña estará activa ata o 30 de xaneiro e segundo indica o alcalde, de momento a acollida está a ser moi boa. “En Tordoia hai moitos autónomos con servizos a domicilio e son un dos sectores que máis se están a interesar pola campaña”, sinala Pereiro. Por certo que a través do Facebook municipal poden verse os vídeos promocionais desta iniciativa, nos que saen os propio comerciantes. A. PRADA

01 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.