Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premios para os clientes que merquen en Ordes no verán grazas a campaña de Aecor

Ordes. Aecor, a Asociación de Empresarios da Comarca de Ordes, organiza a partir de mañá (coa colaboración do Concello ordense e a Xunta) unha campaña que leva por nome Verán con Aecor, verán con premios, e que ten por obxectivo premiar a todos os clientes que fagan as súas compras nos comercios adheridos. Unha boa maneira de incentivar o comercio local que está a vivir uns duros momentos a causa da pandemia.

Son máis de 50 os premios que se poderán conseguir, entre eles artigos e bonos de regalo, e moitos os sectores participantes: zapaterías, tendas de moda, papelerías, librarías, ópticas, comercios de roupa deportiva, xogueterías, establecementos de telefonía, locais de beleza e estética, locais de hostalaría e servizos. Todos os establecementos participantes, segundo indican dende Aecor, terán unha promoción e mención do produto ou servizo que sorteen a través das redes sociais da asociación.

Nesta actividade poderán participar todas as persoas interesadas (agás menores de idade e comerciantes colaboradores). Terán que realizar unha compra sen importe mínimo nos establecementos de Aecor adheridos. Todos eles contarán cun dispositivo propio (móvil, tablet ou ordenador) con conexión a internet desde o que xerarán os códigos QR que darán acceso aos clientes para participar na campaña. Ao realizar unha compra, o comercio informa da posiblidade de premio.

Mediante o código QR xerado no dispositivo do establecemento, o cliente participará nun sorteo virtual que lle dará un premio directo ou lle dirá que non tivo sorte. Se a tivo, aparecerá na pantalla o premio e a continuación deberá introducir os seus datos (nome, apelidos, email, teléfono...). Tamén se mostrarán os datos de contacto de Aecor. O gañador ou gañadora deberá porse en contacto coa asociación para poder recoller o premio ven sexa no teléfono 622 827 842, ou no correo administración@aecorcca.com.

Haberá actividades para os nenos de 6 a 12 anos os venres 23 e 30. c.e.

18 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.