Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Promoven andainas seguras co uso de chalecos reflectantes

Melide. A Asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun recibiu onte da Xunta de Galicia un total de 485 chalecos reflectores. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foi o encargado de repartilos entre as asociadas. O obxectivo, sinalou, é que poidan facer “rutas de sendeirismo e andainas con maior seguridade”, indicou.

Insistiu asemade en que o Goberno galego “segue traballando na sensibilización e na concienciación, sobre todo, dos usuarios máis vulnerables das estradas”. Fixo fincapé asemade na importancia de que os veciños “fundamentalmente das zonas máis rurais de Galicia, se familiaricen co uso desta peza que pode salvar vidas se se usan cando se transite pola beira dunha estrada. A.P.

26 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.