Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Protesta do Movemento Veciñal polos cheiros nun ateigado pleno no Concello de Touro

Touro. O Movemento Veciñal de Touro levou a súa protesta polos cheiros ao pleno extraordinario que celebrou a Corporación o martes e ao que acudiron numerosos veciños e veciñas. Nel, o PP votou en contra de que o alcalde notificase á empresa o cese da actividade e rexeitase a renovación de autorización ambiental. O colectivo acusa ao rexedor, Ignacio Codesido, de “colaborador necesario para que TEN se instalase no municipio de maneira irregular e agora continúe operando a pesares das ilegalidades e das molestias que causa á veciñanza”. Explican que a empresa recibe nos terreos da mina de Touro os lodos das depuradoras das principais cidades galegas e
outros residuos, “unha actividade conflitiva polas molestias que causa na veciñanza, os cheiros pestilentes e a contaminación”, explican.

Actualmente, a empresa está tramitando a renovación da autorización ambiental integrada, un trámite necesario para continuar a actividade. Este procedemento recibiu máis de 600 alegacións de veciñanza e colectivos. Ao mesmo tempo, a empresa ten incoado un expediente de reposición da legalidade urbanística por falta de licenza. arca

03 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.