Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reabre en Melide a rúa Mateo Segade

Reurbanizouse o acceso do Camiño Primitivo ao casco vello por máis de 148.000 €

Melide reabre ao público a rúa Mateo Segade Bugueiro, que foi obxecto de melloras durante os últimos seis meses para reurbanizar o acceso do Camiño Primitivo ao casco vello. A actuación contou cun orzamento de 148.282 euros e proxectouse para pór en valor a rúa, na que ademais da separación das redes de pluviais e fecais, se levaron a cabo melloras estéticas máis acordes coa zona. Instalouse asemade mobiliario urbano novo con bancos de granito, plantáronse árbores, dotáronse baixo terra os tendidos eléctricos e telecomunicacións, así como unha redistribución dos espazos. A rúa segue mantendo a circulación en dobre sentido. !A maiores, creouse unha pequena praza nas inmediacións da Igrexa, que terá as funcións de espazo de acceso ao casco antigo, destacando o conxunto que forman as vivendas tradicionais e a fachada lateral da Igrexa do Sancti Spiritus”, sinalan fontes municipais. A pavimentación desta zona executouse con lousas de granito, dando así un aspecto estético uniforme. Tamén as novas beirarrúas son de lousas de granito, máis amplas que as anteriores, mentres que o espazo da calzada pavimentouse con formigón lavado.

A rúa Mateo Segade é unha das principais arterias de Melide, posto que forma parte do itinerario do Camiño de Santiago Primitivo ou de Oviedo, e por ela circulan milleiros de peregrinos cada ano. Trátase dun dos principais accesos á zona vella, xa que desemboca na praza do Convento, onde se sitúan algúns dos puntos máis emblemáticos da localidade, coma a Casa do Concello e a Igrexa de Sancti Spiritus.

RÍO FURELOS Por certo que o Ministerio de Transportes e Axenda Urbana está a rehabilitar a ponte de Furelos cun presuposto de 258.561 euros. A obra ten un prazo de execución de seis meses e os labores centraranse na reparación das patoloxías non estruturais e na limpeza e repavimentación da superficie. Crearase un mirador na ladeira sur do río, que serva para observar a ponte e para descanso de peregrinos.

19 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.