Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman que Ordes baixe o IBI e adquira A Pontraga

Ordes. O BNG de Ordes pedirá no pleno deste xoves que o Concello adquira a vella estación da Pontraga, pero tamén que reduza o IBI.

Sobre a primeira cuestión, os nacionalistas lembran que estase a pagar “un alugueiro ao ADIF polos terreos da antiga estación de tren da Pontraga”, polo que instan ao goberno popular a “negociar” para acadar “a desafección e cesión ao Concello de Ordes dos terreos e construcións” nesa zona, tal como fixo Oroso en Garga. Con iso, aforraríase o alugueiro, “e teríamos a seguridade de investir fondos en bens que forman parte do noso inventario de bens municipal, sen depender de contratos de arrendamento onde ao remate da vixencia dos mesmos”, o inmoble retorna ao seu dono.

E no que atinxe á contribución, o Bloque propón “rebaixar o tipo impositivo para o ano 2022”, animando a que se tramite o expediente “axiña” para que entre en vigor rápido e inclúa bonificacións a quen cedese parquines. Lembran que dende que goberna o PP, “subíu un 20 %”. Rematan criticando que o goberno non convocase unha comisión por isto. c.g.

25 oct 2021 / 18:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.