Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reforma radical do CPI Viaño Pequeno, en Trazo

TRAZO. O CPI de Viaño Pequeno, en Trazo, é outro dos centros escolares que se vai adaptar ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros. A Xunta vai acometer a substitución da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI cun investimento de máis de 260.000 euros. Os traballos arrancarán antes do comezo do verán para que coincidan coas vacacións dos estudantes, e terán un prazo de execución de dous meses. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, desprazouse ata Trazo para informar da licitación da actuación que se vai levar a cabo e que ten como obxectivo principal a colocación de paneis ríxidos de poliestireno extruído para o illamento do forxado de baixocuberta (no edificio central de Infantil e Primaria) e o forxado en contacto co patio cuberto de Infantil. Levarase a cabo tamén a reparación das gretas e fisuras da fachada principal cun tratamento perimetral de ocos de ventás para garantir estanquidade coa execución dun sistema de illamento polo exterior (SATE). Ademais, cambiaranse as carpinterías dos núcleos de ascensor e escaleiras nos dous edificios que hai de Infantil e Primaria. Dende o goberno local, a alcaldesa, Fina Suárez, indicou que teñen previsto facer algunhas actuacións máis de mellora no CPI Viaño Pequeno proximamente. A.P.

19 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.