Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Saídas e obradoiros no concello de Touro para o vindeiro mes

A veciñanza acaba de facer unha excursión a San Andrés de Teixido e Punta Frouxeira

Touro. A veciñanza de Touro vén de desfrutar esta fin de semana dunha excursión a San Andrés de Teixido e Punta Frouxeira, organizada polo Concello de Touro. O bo tempo acompañou, polo que puideron visitar con tranquilidade o santuario de San Andrés de Teixido e de Punta Frouxeira. Tampouco se perderon as vistas ao océano Atlántico que desde alí se poden observar. Dende o Concello tamén queren lembrar que está prevista unha excursión a Lisboa e Nazaré os días 14, 15 e 16 de outubro.

Por outra banda, a parte das viaxes, o goberno local pon en marcha varios obradoiros para esta tempada. Así está previsto un curso de repostaría para os días 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7, 14, 21 e 28 de novembro das 17.00 ás 20.00 horas. Desenvolverase na casa da cultura da vila e o prazo para anotarse remata o 30 deste mes. Hai que apuntarse nos números de teléfono 981 814 566 e 981 504 029 e no correo electrónico cultura@concellodetouro.gal.

Por outro lado, tamén se desenvolverá outro de cestaría tradicional para adultos os días 1, 8, 15, 22, e 29 de outubro e 5, 12, 19 e 26 de novembro. Terá lugar tamén na casa da cultura e de igual froma hai ata o 30 para anotarse nos teléfonos e enderezo electrónico sinalados anteriormente. En definitiva, o Concello ten preparado un mes de outubro repleto de viaxes e obradoiros para todos os gustos. Cultura e desfrute combinados para que a veciñanza teña opcións á hora de investir o tempo de ocio. c.e.

20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.