Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Satisfacción de Mineiros de Touro polo anuncio do comezo das obras

Touro. A Asociación de Mineiros de Touro recibiu con algarabía a iniciativa de Cobre San Rafael de realizar o drenaxe das augas de Touro. “É un proxecto totalmente desvinculado do desenrolo de calquera outra actividade e que mostra unha vez máis o compromiso da compañía coa veciñanza, froito do diálogo con todas as partes. O comezo das obras significa o fin das verteduras contaminantes dende os anos 70, unha vitoria para a poboación sen necesidade de inversión pública”, sinalan. O colectivo dixo que “o programa responde a unha demanda histórica da comunidade á que ningún goberno deu resposta”. “Estamos seguros de que unha iniciativa deste calibre será recibida por todos coa mesma alegría e esperanza que nós sentimos; que unha empresa privada execute este traballo sen custo algún para o erario público nin pretensión de ningún tipo é motivo de xúbilo para todos. A pesar de que esta iniciativa está totalmente desligada de outros posibles proxectos, dende a asociación queremos reivindicar a minería como unha clara aposta de futuro polo noso territorio. Nós defendemos sen ningún tipo de dúbida recuperar o traballo perdido durante estes anos a través dunha aposta segura e ecolóxica como é a minería”, engaden. avelino arca

15 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.