Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Selo de Calidade europeo para o colexio do Mesón

Ordes. O CEIP Mesón do Vento de Ordes foi galardoado cun Selo Nacional de Calidade e posteriormente, tamén a nivel Europeo ( European Quality Label) pola prestixiosa plataforma educativa eTwinning polo seu proxecto Differences are our richness (As diferenzas son as nosas riquezas) coordinado por Rocío (Educación Musical) e Álex (Educación Física), formando parte da sección bilingüe do devandito centro. Este proxecto multidisciplinar e plurilingüe, no que se incluían actividades en galego, castelán e inglés, consistía en darlle valor ás diferenzas culturais, lingüísticas, literarias ou gastronómicas, entre outras, de cada país socio, así como en mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita. Nel traballaron alumnos de diferentes cursos educativos (de 4º a 6º de Educación Primaria) e estaban involucrados 8 países europeos. Agora seguirán ca iniciativa Rhythm, movement, speech! conxunta con Polonia, Turquía, Italia, Eslovenia e España. m.m.

22 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.