Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia acondiciona en Paradela nova praza

O Concello de Tordoia continúa co seu obxectivo de humanizar as distintas parroquias da vila. Desta vez toucoulle a Paradela (Leobalde), onde o goberno local puxo en marcha traballos de acondicionamento da nova praza e das súas beirarrúas. “Habilitamos unha praza para os veciños e veciñas onde antes estaba o patio do antigo colexio”, explica o rexedor, Antonio Pereiro. Ademais, dotouse á casa da antiga escola de novos aseos. “Neste local ensaia o grupo de música galega tradicional Fáiscas da Pontraga e ademais pretendemos que nun futuro a veciñanza poida usar a instalación para reunirse e facer festas”, concreta o alcade.

O orzamento empregado para as obras foi de 60.000 euros, dos que 12.000 € proceden de fondos propios, e o resto do POS+ da Deputación. Está previsto tamén arranxar os accesos á igrexa desta parroquia construíndo unha senda peonil.

“O obxectivo ao longo deste ano é facer melloras en todas as parroquias”, asegura o rexedor tordoiés, polo que “seguiremos co noso proxecto tamén en Viladabade,onde xa temos contratada a humanización”. Neste caso, arranxarán o acceso á igrexa e as beirarrúas.

15 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.