Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia aprobou un investimento inicial en obras de 600.000 euros

Neste ano vanse reparar as principais vías de comunicación e farase unha nova ruta

Tordoia. O Concello de Tordoia vén de dar luz verde e de arrancar unha serie de obras destinadas a reparar os viais e á humanización das igrexas. Uns labores que foron aprobados na última sesión plenaria. Deste xeito, quedaba autorizado o POS por un importe de 423.484,90 euros, unha cantidade que, en verbas do rexedor, Antonio Pereiro, será destinada a mellorar “as principais vías de comunicación, como en Viladabade e en Petón (Bardaos)”.

Nos núcleos inclúense actuacións en Numide, Pedrouzo e en A Cruxeira, Gorgullos, ademais da renovación do firme no lugar de Seixan. “Por outra parte vanse dirixir 141.459,86 € tanto ao servizo de axuda a domicilio como ás familias, mentres que 233.408 euros serán para gasto corrente”, explica o alcalde.

A todas estas actuacións hai que engadir outras que xa están listas para comezar e que correrán a cargo do Concello. Con estas, a inversión inicial en obras no municipio este ano ronda os 600.000 €. “Vanse levar a cabo labores nos viais de Tarroeira-Borreiros, en Soufe e Penelas e en O Castro”, apunta Pereiro. Así mesmo está prevista a humanización das igrexias de Viladabade, Castenda e tamén están a traballar no proxecto de Andoio. Como novidade executarase unha nova ruta de sendeirismo ao longo do río Lenguelle ata a presa de Castenda, que terá acceso a futura vía verde. Non hai que esquecer a gran aposta en axudas sociais, continuando así o ritmo do ano pasado. A. PRADA

03 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.