Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia chama ao turismo co dolmen de Cabaleiros

TORDOIA. O dolmen de Cabaleiros, sito no municipio de Tordoia, volverá ser este verán un importante foco turístico. E é que un ano máis, a Deputación da Coruña colabora co Concello na xestión do punto de atención de visitantes mediante a firma dun convenio polo que o ente provincial achega 3.815,59 euros. “Esta cantidade sérvenos para contratar á persoa que se encargará de explicar a historia do dolmen aos visitantes”, concreta o rexedor, Antonio Pereiro.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, apuntou que “forma parte do patrimonio provincial” e a institución provincial coruñesa realizou “numerosas actuacións encamiñadas á protección, conservación, rehabilitación e posta en valor”. O servizo de atención ao público funcionará desde o 1 de xullo ao 30 de setembro, e o punto informativo permanecerá aberto os sábados, domingos e festivos en horario de 11.00 a 19.00 horas. As visitas guiadas ao citado espazo son de balde e terán unha duración duns quince minutos aproximadamente.

O alcalde tordoiés indicou que esta actividade guiada “está a ter sempre moi boa acollida; a media de persoas diarias é de cinco ou seis”, dixo. Ambas institucións buscan con este acordo o impulso de actividades educativas e didácticas no dolmen de Cabaleiros e a posta en valor de dito espazo. A. P.

18 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.