Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 26 enero 2021
14:30
h

Tordoia deixa a cero a débeda municipal en ano e medio

Tordoia. Eliminar por completo a débeda municipal era un dos principais obxectivos do Concello de Tordoia antes de que rematase o 2020, e conseguiuno. “Cando entramos no goberno a débeda era de 800.000 euros e dende un comezo propuxémonos deixala a cero en dous anos”, sinala o rexedor, Antonio Pereiro. “Finalmente, logramos acabar con ela en ano e medio, posto que o 31 de decembro conseguimos o obxectivo”, explica o alcalde.

Agora o goberno local encara novos retos, entre eles, seguir mellorando a calidade dos viais e construindo novas sendas nos pequenos núcleos do municipio. “Xa rematamos as obras de humanización da Igrexa de Leobalde, onde se creou unha senda de acceso á mesma”, indica. “Agora temos contratados os traballos de acondicionamento da Igrexa de Viladabade e o arranxo de distintos viais na parroquia de Castenda”, sinala Pereiro.

O alcalde quixo destacar que Tordoia pasou a formar parte do Plan de Transición Xusta do Ministerio para a Transición Ecolóxica, polo que van recibir axudas para crear emprego na vila e tamén para fomentar as enerxías renovables. “Xa estamos a traballar nos proxectos que presentaremos”. A.PRADA

09 ene 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.