Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia mostra o lado ‘verde’ da vila nunha nova web

A páxina irá enchéndose de contido para facer visibles os recursos naturais e patrimoniais da vila // A compostaxe ocupa un lugar destacado

O Concello de Tordoia está a facer unha forte aposta pola sostibilidade e por transmitir á veciñanza un legado de respecto ao medio ambiente. Precisamente con ese obxectivo, e para facilitar a toma de conciencia, o goberno local puxo en marcha unha páxina web que, en verbas do rexedor, Antonio Pereiro, “é o espazo verde do concello”.

En tordoiaverde.es atopamos un recuncho no que se dá visibilidade aos recursos naturais e patrimoniais da vila. “Tiene como objetivo acercar nuestro medio ambiente a la población, a través de una adecuada información y de diferentes acciones formativas de educación, sensibilización y divulgación ambiental, para hacer entre todos y todas un ayuntamiento sostenible y respetuoso con nuestro entorno natural”, reza o apartado de presentación da web.

De momento aínda non está moi avanzada, pero “a idea é ir metendo pouco a pouco novos contidos”, explica o alcalde. O dolmen de Cabaleiros ocupa actualmente unha parte do contido e o resto ten a compostaxe como protagonista. E é que hai que lembrar que o goberno local está moi implicado en promover esta práctica entre a veciñanza. O pasado mes fixeron unha clase formativa (en dous turnos) cunha experta na materia. Os veciños e veciñas que acudiron non só aprenderon as vantaxes da compostaxe e a forma correcta de levala a cabo, senón que tamén se fixeron cun composteiro, un remexedor e unha guía explicativa. “Aínda quedan uns quince ou vinte composteiros por asignar”, lembra o alcalde.

Na web recordan que esta práctica evita a erosión do chan, reduce a cantidade de residuos que chegan ao vertedoiro e diminúe o consumo de agua dos cultivos.

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.