Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 28 enero 2023
11:31
h

Tordoia vai de tapas chega para exaltar o produto local

Tordoia. O Concello de Tordoia organiza, un ano máis, a ruta de tapas. Baixo o título de Tordoia vai de tapas, o goberno local pon en marcha unha nova edición desta iniciativa que logrará incentivar o consumo na hostalaría local. As xornadas gastronómicas desenvolveranse o venres 18 deste mes, entre as 20.00 e as 23.00 horas; o sábado 19 de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, e por último o domingo 20, de 12.00 a 15.00 horas. Os petiscos terán un prezo de 1,50 euros.

Participan na iniciativa o Bar A Vila, a Cervecería Brincadeira, Bar Bemaro, Café bar Calviño, Casa Vázquez, Cervecería O Dolmen, Bar Panadeira, Bar Cruceiro e Cafetería Golán. Entre as elaboracións poderán probarse orella á feira con cachelos, xamón ao corte, troitas con cachelos, paella con toque de mar, empanada, tortilla, troitas con panceta, tenreira guisada, pan de xamón, tostas, fabada, cocido, arepas, churrasco ou fabas con ameixas, entre outras preparacións.

Dende o goberno local animan a todos a achegarse ata os locais de restauración participantes para degustar algún destes petiscos elaborados con “boa materia prima” e “con moito cariño e unha atención inmellorable”, sinalan fontes municipais. c.e.

08 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.