Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 24 junio 2021
11:25
h

Tordoia vai ter na zona de Tablilla nova senda

O Concello solicítalle á Xunta a instalación dun radar nesta recta para maior seguridade

O rexedor de Tordoia, Antonio Pereiro, xunto á alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, veñen de ter un encontro telemático coa conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. O obxectivo desta reunión foi detallar a ambos rexedores o propósito por parte do Goberno galego de licitar nesta primavera as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica AC-413, no núcleo da Tablilla, na vila de Tordoia. O desenvolvemento destos labores, sinalan dende a Xunta, suporá un investimento autonómico de preto de 120.000 euros.

Ethel Vázquez detallou que para mellorar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos a pé dos veciños, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade redactou o proxecto para a construción dun itinerario peonil de aproximadamente 500 metros na estrada AC-413, na entrada ao núcleo da Tablilla desde Ordes. O obxectivo da actuación, é habilitar unha senda peonil en pavimento de formigón, de 2 metros de ancho, a nivel coa estrada, que seguirá o seu trazado en planta e alzado.

O proxecto recolle tamén a execución de rede de pluviais para a recollida das augas e a dotación de canalizacións aptas para alumeado e telecomunicacións. A titular de Infraestruturas e Mobilidade detallou asemade que se están a estudar outras medidas para o reforzo da seguridade viaria e para o calmado de tráfico na recta da Tablilla, na zona onde se sitúa o linde con Cerceda. Concretamente, segundo explicou Ethel Vázquez, estase a analizar a viabilidade “de reforzar a seguridade dos xiros ou de pintar liña continua para evitar adiantamentos nese treito de cara a reducir sinistros e as súas posibles consecuencias”.

Pola súa banda, Antonio Pereiro agradeceu a boa disposición da Xunta e recalcou que é unha demanda veciñal de hai tempo porque “é unha recta moi perigosa; hai un ano faleceron dous mozos e hai un mes un veciño da vila”, explica. Ademais solicitaron a instalación dun radar por seguridade na entrada “pois os veciños están preocupados”.

10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.