Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
18:53
h

Touro acolleu o seu Festival de Bandas en Fonte Díaz

Touro. O campo da festa de Fonte Díaz, no municipio de Touro, encheuse de música na tarde do pasado domingo 18. O Concello e a Banda de Música Isabel II de Touro organizou o XVIII Festival de Bandas, que cumpriu a maioría de idade. O pasado ano 2020, a causa da pandemia, non puido celebrarse a xa tradicional cita coa bandas de música, polo que este ano a veciñanza deulle a benvida ao evento co dobre de gañas. O XVIII Festival de Bandas Concello de Touro comezou ás 19.30 horas nunha tarde de moita calor.

Inaugurou o evento a Banda Escola de Música de Visantoña, cun repertorio seleccionado para a ocasión, que interpretou durante case unha hora. Logo seguiu a Banda de Música Isabel II de Touro, que exerceu de anfitrioa, e que foi a encargada de pechar o festival. “Os asistentes aplaudiron con forza as interpretacións das dúas formacións musicais”, relatan fontes municipais.

O Concello agradece “a asistencia de veciños e forasteiros que desfrutaron dunha xornada de música na que tamén colaborou a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música”. Durante o festexo cumpriuse o protocolo sanitario contra a COVID, tanto no uso de máscara como na distancia entre asistentes e a desinfección de mans. Foron “preto dun centenar de persoas as que se achegaron na xornada dominical ata a vila”, apunta o Concello. Foi así unha xornada exitosa que contou cunha asistencia similar á de edicións anteriores. Unha agradable cita cultural despois de tantos meses sen actos. c.e.

20 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.