Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Touro anima a desfrutar das artes escénicas en novembro e decembro

O Concello está xa a recibir varias propostas para celebrar ‘online’ a Feira da Castaña

Touro. Durante os meses de novembro e decembro, o Concello de Touro manterá activo o programa deseñado especialmente para un público familiar: Touro a escena. Trátase dunha proposta coa que pais e fillos poderán gozar de todo tipo de espectáculos en lingua galega.

En novembro, Dani Polo sorprenderá aos veciños da vila con Enmaxiarte, un dos espectáculos revelación no mundo da maxia; e Félix Rodríguez e Fran Rei levarán ao municipio un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía.

Xa o mes de decembro arrancará cun concerto de Nadal moi especial: Os apalpadoriños, con Álvaro Cardalda, Iago Prieto, Nelson Quinteiro e Yohel Santos, entre outros. A última proposta do Touro a escena neste mes tan festivo será o espectáculo baseado no libro-Cd A voar. Un conto para soñar con música para brincar de Cé Orquestra Pantasma. Todos os espectáculos terán lugar na casa da cultura e débese asistir con suficiente antelación para evitar as aglomeracións.

Hai que lembrar que o Concello tamén ten en marcha as propostas, sempre online, para celebrar a Feira da Castaña. Por un lado, a veciñanza está convidada a enviar as fotografías das creacións culinarias feitas nas casas, e por outro, os máis pequenos poderán mandar as súas creacións, nas que a castaña será a protagonista. O Facebook municipal xa mostra algunha das proposta, que por certo, terán premio. A.P.

31 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.