Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Touro celebra a Feira dos Emigrantes en Fonte Díaz

Touro. As rúas de Fonte Díaz enchéronse este venres durante toda a mañá de xente. O bullicio dominou a Feira dos Emigrantes, e o día asollado animou a que veciñanza e forasterios se achegasen ata a capital do concello de Touro. Os días 5 de agosto celébrase esta concurrida feira dende primeira hora da mañá e ata que comeza a tarde.

Os veciños, veciñas e forasteiros aproveitan a cita para o reencontro. Así, a feira serve para que as persoas de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa poidan reencontrarse. Ademais, tamén mercan e proban o enxebre polbo á feira.

Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco ou Suiza volven no mes de agosto ao Concello coruñés ás súas casas a pasar uns días de descanso e a feira convértese nun lugar para verse de novo. O Concello de Touro ofreceu buses aos veciños que quixeran acudir a esta cita. Saíron desde as parroquias ás 10.00 horas e regresaron a partir das 16.00 horas. Ás 12.30 horas a charanga Os Atrevidos animou a xornada de compras nos postos que se instalaron nas rúas de Fonte Díaz e nos locais de hostalería. Para cumprir coa tradición, todo aquel que se achega ata a feira tamén recala nas pulpeiras. c.g.

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.