Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Touro e Frades amenizan a fin de semana con maxia e moito humor

Mañá Dani Polo actúa con ‘Enmaxiarte’ e o sábado Xarope Tulú con ‘Rilla Rilla na lingua’

Touro/ Frades. A pesar da crise sanitaria os concellos esfórzanse por sacar adiante actividades culturais que axuden a romper un pouco a rutina na que estamos inmersos. Deste xeito, o Concello de Touro convida aos veciños a achegarse mañá ata a casa da cultura de Fonte Dí az para gozar de Enmarxiarte con Dani Polo. É un espectáculo para toda a familia onde se mesturan a maxia participativa, o humor e as ilusións. Como medida preventiva hai que acudir con anticipación á hora sinalada (17.00h) para acceder de maneira ordenada. As inscricións faranse no 81 81 45 66 ou en cultura@concellodetouro.gal. No caso de Frades, o Concello, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, organiza este sábado Rilla Rilla na lingua, un espectáculo para todos os públicos de Xarope Tulú que tenta poñer de manifesto a variedade dialectar do galego.

O espectáculo está programada para as 17.00 horas e terá lugar no multiúsos. A entrada é de balde e hai que anotarse previamente o 981 695 567, xa que o aforo é limitado para manter as distancias entre os asistentes. A.P.

12 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.