Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Touro inviste 253.000 euros do POS na mellora das infraestruturas viarias

No caso dos gastos sociais a maior partida irá dirixida ao Servizo de Axuda a Domicilio

Touro. O Concello de Touro afrontará un investimento de 250.000 euros para mellorar as infraestucturas viarias do municipio. Os proxectos, aprobados no último pleno municipal, contarán co financiamento do Plan de Obras e Servizos 2021 (POS+ 2021) da Deputación da Coruña. O POS tamén dará unha achega provincial de 225.000 euros, que será aplicada ao financiamento de gastos correntes. Estas dúas partidas suman 478.000 euros. Por outra banda, o municipio albergará 157.000 €, a través do POS+ Adicional 1/2021, para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

Os proxectos, que se desenvolverán nos próximos meses e que servirán para pór ao día as infraestructuras viarias, consisten na mellora das marxes do viario en Ribeira, o reforzo do firme do viario de Abelenda a Loureiros, o arranxo do firme da pista de Subres a Mane (Cornado) e o da estrada da Deputación a Lago, na parroquia de Quión. O total de todos estos investimentos chega ata aos 253.000 euros. No caso dos gastos sociais a maior partida irá dirixida a ampliar o Servizo de Axuda a Domicilio. A.P.

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.