Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Touro pon en marcha un plan de obras ao que destinará un millón

Este investimento precisou modificar o orzamento municipal aprobado para o 2022

Touro. O Concello de Touro pon en marcha un Plan Municipal de Obras propio ao que destina un total de 1.049.000 euros con cargo ao remanente líquido de tesourería. Este investimento, feito en base ao asesoramento dos técnicos municipais e previo ao estudo das necesidades, precisou dunha modificación do Orzamento Municipal para o 2022, que xa foi aprobada polo Pleno do Concello. Os proxectos que se executarán serán a mellora do viario da Pena á Igrexa de Prevediños, que ten unha asignación presupostaria de 187.500 euros; a pavimentación de interior en Mourelos, cunha consignación de 191.200 euros; e a pavimentación de viario de Mourelos de Arriba a Mourelos de Abaixo e outros, cun presuposto de 196.000 euros. Tamén se pavimentará o viario de Pena a Mourelos e outros, cunha asignación de 181.400 euros; o viario de Beseño de Abaixo a O Forte e outros, con 143.500 euros; e a obra de mellora da pista de Circes á Xunquera, cunha partida de 149.500 euros.

O 1.049.000 euros destinado ao novo Plan Municipal de Obras, que se executará durante o ano 2022, incorpórase ao capítulo 6 (investimentos reais) do Orzamento Municipal para este ano, que antes da modificación contaba cunha asignación total de 785.788 euros. c.e.

16 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.