Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 19 octubre 2021
02:00
h

Touro protagoniza unha das rutas do GDR o día 4

TOURO. O próximo 4 de setembro o concello de Touro acollerá unha das rutas ambientais organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo (GDR). O entorno natural protagonista será a ribeira do río Ulla, un dos recursos turísticos por excelencia da vila e polo que se fixeron grandes esforzos, porén, case a totalidade da ribeira do Ulla no termo municipal de Touro é transitable a través de varias rutas de sendeirismo homologadas. Nelas poden descubrirse tanto paisaxes espectaculares como O Pozo do Pego ou a Fervenza do Inferniño, así como exemplos de elementos patrimoniais de tipo etnográfico e cultural: ouriceiras, muiños ou pesqueiras. Cun enfoque distinto e guiados por persoas expertas, os participantes familiarizaranse coa gran variedade de especies de flora e fauna da ribeira do Ulla. A ruta é de balde e hai que anotarse no teléfono 981 511377 ou contactar en leader@gdrullatambremandeo.gal. C.E.

28 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.