Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trazo organiza mañá un espectáculo que xunta teatro e narración oral

TRAZO. Os nenos e nenas de Trazo teñen este Nadal, a parte do programa de conciliación, varias iniciativas coas que divertirse mentres non teñen escola. O pasado día 23 aprenderon a facer galletas e mañá teñen unha cita ás 17.00 horas no centro social polivalente para desfrutar do espectáculo de Galerna Crúa Chocolate. Trátase dunha obra que mestura a narración oral coa posta en escena teatral, e que está dirixida para a cativada de entre 3 e 9 anos. Ademais consta dunha segunda parte na que se desenvolverá un obradoiro de cociña no que se ensinará a elaborar brochetas de froitas con chocolate fondue. O 29 estará o Mago Teto, que unirá maxia e letras na súa función, o 30 toca espectáculo de títeres e o 2 de xaneiro os pequenos e pequenas poderán participar nun obradoiro de cantos de Nadal e construción de instrumentos sonoros. A.P.

27 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.