Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trazo vive unha época de actuacións e agasallos

TRAZO. O Nadal é unha das épocas favoritas dos máis pequenos xa que é tempo de familia, agasallos e de vacacións escolares. É por iso que os pais e nais agradecen que se desenvolvan distintas iniciativas que lles axuden a conciliar e a manter entretidos aos máis pequenos. O Concello de Trazo organizou unha visita do Apalpador para os nenos de 1º e 2º de Primaria do CPI Viaño Pequeno e asemade desfrutaron dunha sesión de maxia con Dani Polo no centro social polivalente. Non faltou tampouco a visita dos famosos Bolechas, a actuación Pedras de Cartón e a visita dos paxes reais. Asemade o goberno local decidiu elaborar un vídeo, que pode verse nas redes municipais, no que diferentes establecementos da vila felicitan o Nadal. Unha inicitiva coa que o Concello, que dirixe Fina Suárez, busca potenciar as compras no municipio co ánimo de axudar ao pequeno comercio. Agora os cativos e cativas agardan a chegada dos Reis Magos. A. PRADA

30 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.