Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ultiman os labores no museo fradense Apeiros de Labranza

Está ubicado no andar superior do multiusos, que se atopaba en desuso // Xunta e Concello gastarán 28.000 € en obras de mantemento

Están a piques de rematar os traballos para a posta en valor do multiúsos de Frades. Un proxecto que tocará a súa fin co acondicionamento do primeiro andar do edificio, onde se vai ubicar o Museo de Apeiros de Labranza. Concello e Xunta de Galicia investirán nesta actuación un total de 28.000 euros. “Queremos mellorar a parte de arriba do multiúsos para poñer a funcionar o museo así como facer traballos de mantemento e posta a punto de algún dos apeiros que o integran”, explica o alcalde, Roberto Rey Martínez.

Do montante total, o goberno local faise cargo de 10.000 euros, mentres que os restantes 18.000 euros serán financiados grazas a unha nova achega do Goberno galego, que se suman aos 40.000 euros proporcionados en 2019 para o acondicionamento da planta inferior, que estivo enmarcado nun proxecto senlleiro xestionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Os labores no piso superior do edificio multiúsos deron comezo xa durante estos días. O espazo conta cunha superficie de 215 metros cadrados e acolle desde o verán de 2019 todos os elementos que compoñían o Museo de Apeiros de Labranza. Este andar, explican dende o Concello, “estaba en desuso e empregouse para almacenar todos os elementos do museo, que deixou o seu espazo na planta baixa para acoller a biblioteca municipal, a aula de informática e unha sala multiusos”.

Agora a planta de arriba do edificio converterase nunha sala etnográfica que servirá de homenaxe ás mulleres e homes do campo galego. “Así, as persoas que visiten este museo poderán contemplar moitos dos útiles e ferramentas do campo e do fogar que foron e seguen sendo os compañeiros cotiás do traballo e da vida familiar no rural”, engande fontes municipais. Ademais conta con paneis explicativos sobre como eran as actividades agrícolas e gandeiras no municipio. Dende o goberno local estiman que os traballos poderán quedar rematados para o vindeiro mes de decembro.

12 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.