Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 29 enero 2023
02:26
h

Verbena orosá cas orquestras París de Noia e Finisterre

Oroso. O Concello de Oroso recupera este ano a súa tradicional Festa da Xuventude, tras o parón obrigado en 2020 e 2021 pola pandemia do coronavirus. E faino coa actuación de dúas das orquestras punteiras na terra dos mil ríos.

Así, o próximo 14 de abril, xoves, a partir das 22.00 horas haberá pulpeira e a actuación das orquestras París de Noia e Finisterre na Alameda de Gois. “É un motivo de ledicia recuperar a normalidade despois da pandemia e a nosa programación habitual para a primavera e o verán”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde. Tamén engadiu que “a Festa da Xuventude é unha cita xa clásica no noso calendario, estamos convencidos de que esta edición será un éxito”, remataba.

Hai que lembrar que foi o presidente da asociación de Servizos de Festas de Galicia (Serfega), José Veiga, quen divulgaba recentemente un comunicado no que anunciaba que estaba previsto eliminar as restricións á celebración de verbenas. A nova chegaba tras varias reunións con distintos departamentos da Xunta que lle confirmaban que xa ao longo de febreiro eliminarían os protocolos para as actuacións (limitaban o número de asistentes e sempre con cubrebocas). M. Outeiro

24 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.