Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de Frades

Frades. A praza de Ponte Carreira acollerá os vindeiros 17 e 18 de setembro a primeira edición da Festa Rural, organizada polo Concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

A festa unirá mercado de artesanía, exposición etnográfica, festival folclórico, verbenas, un xantar popular e moitas máis sorpresas.

Comezará na tarde do sábado 17 coa apertura do mercado de artesanía e dunha exposición etnográfica, que se poderán visitar durante os dous días. A partir das 20.00 horas, o mago Román García presentará o seu Festival Galicia Ilusiona Maxia, que dará paso a unha verbena popular na que actuará o Dúo Élite.

O domingo 18 dará comezo cun pasacalles con Embruxo Gaiteiros, que amenizará a reapertura do mercado de artesanía e os xogos tradicionais para todas as idades. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena. Acto seguido, a praza de Ponte Carreira acollerá o xantar popular cun menú que inclúe empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras, larpeira e xeado. O prezo é de 25 € para adultos, 18 para menores de 12 anos e de balde para os de menos de 5. arca

10 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.