Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vinte veciñas e veciños de Touro participan este ano no curso de cestería

Touro. Unha vintena de veciños e veciñas participa no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. Durante o tempo da pandemia da covid-19 non se celebrou esta iniciativa formativa. E o Concello de Touro retoma agora este curso que ten moita demanda entre a veciñanza. O pasado sábado foi a primeira aula na casa da cultura de Touro, impartida por un mestre cesteiro de Rois. O participantes, para elaborar os cestos, utilizan materiais naturais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa, que trata de recuperar as vellas tradicións artesanais, comenzou a súa andaina en Touro fai arredor de dez anos. Os asistentes, acompañados da edil de Educación, Adela Iglesias, iniciaron o curso que terá lugar os sábados da primavera. s. e.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.