Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 16 enero 2021
02:30
h

Xa poden pasar a recoller as rifas
os gañadores do sorteo de Asetem

Os cinco afortunados que se fixeron cos tres mil euros deben acudir á sede en Melide

Melide. Ata o día 31 deste mes poderán pasar a recoller as súas rifas premiadas os gañadores do sorteo tradicional de Nadal da Asociación de Comerciantes de Melide (Asetem). Os afortunados foron os números 01658 (1.000 euros), e con 500 € o 20.825, 39.699, 15.259 e 23.306. Todos eles deberán dirixirse á sede de Asetem este mes e, de non facelo, os galardóns outorgaranse aos números que están de reserva.

Segundo explican dende a asociación esta vez a contía “viuse reducida á metade en comparación a anos anteriores”. E é que dada a situación provocada pola COVID decidiron reducir a cota de inscrición de 30 a 15 euros, “motivo polo que os premios tamén se viron reducidos”, indican. O sorteo tivo lugar o pasado día 8 dende o despacho da notaría da vila e puido seguirse a través das redes sociais. “Unha das novidades deste ano foron as caixiñas de ilusión cheas de chocolates que se partiron xunto coas rifas, coa finalidade de recuperar esa ilusión tan propia das datas de Nadal”, explican fontes de entidade.

Nesta XXII edición da campaña ‘Este Nadal toca en Melide’, desenvolvida entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro, participaron uns 70 establecementos da vila e déronse 69.400 rifas. Unha participación que dende a xerencia de Asetem valoran de xeito moi positivo “na liña doutros anos, aínda que si é certo que incluso con algo máis de participación que puido vir dada dos peches das cidades”. A.P.

13 ene 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.