Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornada de senderismo e gastronomía en Touro

Touro. A empresa local Patrimonea xunto coa axencia de viaxes Simply Galicia organizan unha xornada de ocio no concello de Touro o vindeiro sábado 26 de marzo, iniciativa que combinará un roteiro de sendeirismo coa degustación dun cocido no Pazo de Andeade, unha xoia do século XVIII. O roteiro tera un itinerario de 10 quilómetros e será de dificultade baixa. Os sendeiristas poderán desfrutar dun dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia e de fermosas fervenzas, todo isto acompañado das explicacións sobre a historia e o patrimonio dos lugares polos que discorre. O prezo é de 15 euros para aqueles que só queren facer o roteiro e 49 euros para os que tamén queiran degustar o cocido. O paquete pode ampliarse co aloxamento no pazo, que terá un custe de 50 € en habitación doble. As persoas interesadas en incribirse ou solicitar información poden facelo a través do 698 186 670 ou do correo info@simplygalicia.es. arca

21 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.