{ tribuna }

A que chamamos democracia

Xavier Varela

Xavier Varela

A sentencia de Tolstoi: “non hai condicións de vida ás que non poidamos acostumarnos se vemos que ó noso arredor todos as aceptan”. Isto é o que Galbraith denomina sabedoría convencional, que consiste nun marco predecible de estabilidade.

Mais seguindo a Aristóteles, o verdadeiro problema da democracia é a ignorancia. Ninguén pode gobernar sen antes ser gobernado( obedecer leis e autoridade lexítima, equidade).En democracia non hai especialistas en mandar e obedecer, porque pódense exercer ambolos dous, sendo os cidadáns suxeitos ( non só obxetos) das leis que acordan e que entre todos deciden.

A democracia consiste nun diálogo xusto de todos dentro das institucións públicas, que permite acordos dun modo civilizado, excluíndo a barbarie. A definición do filósofo Castoriadis é perfecta: “ somos nós os que creamos as nosas institucións sociais, dándonos as nosas leis, somos quenes podemos decidir cómo vivir en sociedade”. Para saber quenes somos precisamos o recoñecemento dos demais. Sempre está vixente a eterna pregunta: “¿Cómo organizamos entón a convivencia? Platón formulaba deste xeito: ¿ cómo guiar ós homes, con razóns ou encantamentos?

A democracia convirte en pobo á masa conformista. Debe haber unha constante tensión entre minoría-maioría, partido-pobo. Ten que haber un exercicio utópico, xa que a súa carencia derivaría en tiranía, que sempre deprava, máis a quen se somete que a quén a impón.

O proceso democrático consiste nunca conquista ético-política diaria que só a partires dunha autocrítica vixente pode manterse. É máis unha aspiración que unha posesión,según Kant, é unha tarefa infinita, requerindo o recoñecemento legal das liberdades básicas: prensa, expresión, asociación; esixindo así unha vontade moral de execución. Iso implica a educación moral nesta sociedade aberta e plural, onde conviven diversos modelos de vida lexítimos, esixindo de cada un o esforzo continuo de orientación e criterios morais propios razonados e solidarios que conforman unha conciencia moral. Hai que estudiar a realidade social e política, involucrándose nos asuntos públicos. Un criterio moral para entender a convivencia que se asenta no respeto debido ás persoas que son sempre fins en sí mesmas.

Aquí radica o valor universal da xustiza que consiste na igualdade entre seres dignos, onde predomina a liberdade e autonomía persoal. Só na participación democrática, superando o egocentrismo, acádanse un ben superior que é a cooperación.

É imprescindible educar en valores dende a infancia, que perciban o servizo público coma un deber de esixencia. Na escola débese defender a democracia exercitándoa, para esperar dos nenos a necesidade de protexela, coma algo limpo, cuxo quebranto debe ser sancionado. Cómprenos a todos consolidala, dentro da cal exista o dereito á diferencia, mais non a diferencia de dereitos.Debemos defender, protexer ós vulnerables dos mais fortes.Endexamais a loita democrática debe supeditarse a imposicións antidemocráticas, mostrando carraxe na súa defensa. Decía Séneca: “Acostumo pasar ó campamento enemigo, non coma tránsfuga, senón coma explorador”. Hai que apreciar todas as culturas , aínda que as democráticas son superiores xa que posibilitan elexir e preferir. Un doloroso exemplo é o da corrupción que vulnera groseiramente os dereitos humanos. Ista perversiodade non a pode xustificar ningunha ideoloxía porque cuestiona a honestidade e dignidade humanas. A democracia tense que construír dìa a día porque sempre é máis fácil obedecer que ser libre e responsable. Albert Camus advertía que a liberdade consiste en non mentir, porque onde prolifera a mentira, anúnciase e perpetúase a tiranía. E Goethe concluía que ninguén está máis escravizado que os que falsamente cren ser libres. Cuando se estrenó en 1987 esta densa y apasionante obra generó algunas críticas.