{ opinión }

Unha nova educación

Xavier Varela

Xavier Varela

MARIANA MAZZUCATO (Estado emprendedor), nunha entrevista no Faro afirmaba: A innovación non xorde dun grupo de xenios, senón dun esforzo colectivo público-privado dirixido polos Estados, sendo eles creadores de riqueza, non só as empresas. O acordo de Gingrich preséntase coma de xeración de emprego e incremento salarial (nova linguaxe, cando non é mais que unha proposta para favorecer ós ricos, ós executivos-inversores). O sistema ideolóxico dominante di que a igualdade e o crecemento económico son incompatibles. Os mimados traballadores occidentais deben abandonar o seu luxoso estilo de vida (contratos pensións, seguridade laboral) e outros disparates coma o pleno emprego. A política do gran capital constrúe un mundo con sectores de gran riqueza, unha grande masa de miseria e outra capa de superfluos, carentes de dereitos porque non xeran riqueza para os todopoderosos.

Stiglitz (o prezo da desigualdade) afirma que tanto España coma Irlanda tiñan superávit. O que hoxe chaman a Gran Recesión 2008, que foi unha descarada estafa, impuxo unha austeridade que empeorou as cousas ó perderse a confiaza. Deseñouse para saldar a deuda externa e salvar ó sistema bancario, un agasallo insensato de Europa, constatando así a inxusta ineficacia do sistema económico-político. A desigualdade xerada é o mesmo tempo causa e consecuencia do fracaso do sistema político que inestabiliza ó sistema económico, aumentando deste xeito a desigualdade: banqueiros con beneficios astronómicos e víctimas no paro e sen vivenda.

B. Rusell-Dewex-P. Freire propoñen unha nova Educación para superar este inxusto sistema, que fomente o pensamento crítico e independente, sustituíndo a obediencia e sumisión actuales. O sistema educativo vixente ten como meta evitar discrepancias, porque as escolas segundo a Trilateral son centros de adoctrinamento e obediencia ó sistema. Están para anestesiar ó cidadán e facer traballadores sumisos, consumidores e pasivos. Os maestros só deben transmitir a verdade oficial, enchendo de prexuízos e ideas predeterminadas as baldeiras cabezas dos alumnos, desconectados da realidade social na que viven. Freire insiste en invitar ó estudiante a descubrir por si mesmo a democracia e o seu funcionamento. Os maestros teñen a obriga moral de investigar, difundir a verdade, denunciando a hipocresía e inxustiza, contribuíndo así a transformar o mundo. A ignorancia é a orixe da violencia e da falsificación do mundo. Educar é proporcionar circunstancias para desenrolar diversas manifestacións de creatividade. Os valores humanos libres non son a dominación, senón a asociación libre en termos de igualdade, cooperación e participación na realización de obxectivos comúns que se determinan democráticamente. A finalidade da Educación é a liberdade e democracia, non a sumisión, obediencia e aldraxe.