{ tribuna }

A desigualdade neoliberal: unha infamia

Xavier Varela

Xavier Varela

António GUTERRES, secretario xeral da ONU afirmou: “A falla de oportunidades crea un círculo de desigualdade e descontento entre xeracións que debe resolverse cunha política fiscal progresiva, redistribuíndo a riqueza de forma xusta e protexendo ás clases vulnerables. Hai que subir impostos ós ricos para protexer as clases desfavorecidas. Un novo contrato social é imprescindible”. En Davos falouse de desigualdade polo medo a un estado social de descontento que rebente o statu quo actual.

A desigualdade é inxusta e temos que evitar a elección entre benestar social e crecemento económico. Según AET, España é un gran paraíso fiscal para os ricos porque case non grava a propiedade. É o país europeo con menos inspectores de facenda, a metade que Francia e Alemania.

A clase traballadora financiou ás elites do réxime pola Seguridade Social que avalaba o sistema. O fraude fiscal é un negocio de ricos que rexeitan saír nos xornais. Os mestres Bauman, Chohsky, Pikety e Stiglitz definen o neoliberalismo como o modelo económico-político onde uns poucos intereses privados controlan a vida social, maximizando os seus beneficios. Este neoliberalistmo presentase como defensor do libre mercado, iniciativa privada, liberdade de consumo premiando a iniciativa persoal, socavando así a inoperancia de gobernos parásitos. Acádase deste xeito pola publicidade, un consenso: calquera atranco ó predominio dos que mandan resulta sospeitoso ó ir contra o libre mercado, único deus tolerable pola minoría acaudalada

O resultado é o escandaloso aumento da desigualdade, atentando contra o medio ambiente, lucro indecente dos ricos. Os seus defensores din que chegarán os beneficios a todos, amosando unha fe relixiosa no mercado desregulado. AIMIDE dinos, pola contra, que a poboación do 1% máis rico é 200 veces máis rica co 50% da poboación mundial. A OIT estima que 3.000 millons de personas viven por debaixo do umbral da pobreza (2 dólares diarios). A coñecida clase media hoxe está degradada pola precariedade. Stiglitz afirma que sempre se xustificou a desigualdade destacando a contribución dos potentados á economia, creando emprego. Ó chegar a estafa do 2008 vese como se levaban miles de millons os mesmos que a crearon. Afirmar que o enriquecemento revirte na sociedade é unha gran mentira e cegueira moral, como sinala Baumann no seu libro “¿É certo que a riqueza duns poucos beneficia a todos?”. Coetzee (“Diario dun mal ano”) confirma: “As economías competitivas existen porque decidimos crealas. A competencia é un sustituto sublimado da guerra... Podemos elixir paz ou guerra, ou tamén a colaboración amistosa”. No mundo de hoxe, aínda con nobles intencións, atopamonos con cobiza,c orrupción, egoismos, cofundindo realidades impostas coa natureza das cousas e, crendo que non podemos cambiar, decidimos falsamente que non pode haber alternativa ó aceptar coma obvias propostas como crecemento económico como único camiño, consumo como maneira de ser feliz, a desigualdade natural entre todos como única receita de vida, a competitividade como condicion necesaria de xustiza social, reproducindo así a orde establecida. Keynes advertiunos: “A avaricia é un vicio, a usura un delito e o amor do diñeiro é detestable. Debemos preferir o que é bo ao que é util”.

A desregulación do capital bancario facilitou o libre movemento de capitais, perxudicando o mercado de traballo e condenando a un empobrecementeo. Alguén dixo “somos pobres porque esta terra é rica”. Esta política desregulatoria é un dos segredos mellor gardados.

Cando o salario dos executivos faise a porta pechada é que algo cheira no cumio da sociedade. O crecemento económico sinala a crecente opulencia dunha minoría contra a caída do nivel de vida dunha maioría, orixinando unha agravación dos problemas que viña a solucionar. Existe unha tácita póliza de seguros colectiva que a élite dos máis ricos consegue, asegurando os seus privilexios. A clave non é producir riqueza senón como se reparte. Os acordos tácitos dos altos executivos non esixen un comportamento ético. Só se permite a democracia mentras o control do capital quede excluído das deliberacións. A democracia neoliberal en vez de ciudadanos produce galerias comerciais como síntoma dunha sociedade impotente, desmoralizada, dopada con antidepresivos, enferma.

O neoliberalismo é infame porque é inimigo da democracia enaltecendo e potenciando as minorías acaudaladas e restrinxindo os dereitos políticos das maiorías. A gran riqueza dos plutócratas baséase en axudas públicas, xogando co sistema que eles mesmos manipulan ó seu antoxo: iso chámase infamia.