Opinión | Al sur
O que a verdade agocha
Remata esta historia que dediquei a presentación da figura de Sor María Pereira de Quiroga, filósofa galega do século XVI aínda descoñecida, mais co compromiso de publicar o relato completo, acompañado dos textos que posúo da súa obra Meditationes de Vera Philosophia.
Foi para min unha sorpresa comprobar que, case un século antes de que Descartes publicase as súas Meditacións Metafísicas, unha monxa galega, perdida nun convento de Pontevedra, defendera a razón como vía principal de coñecemento ou negase a existencia de ideas innatas (agás a idea de Deus). Asemade, erixiu como alicerce da súa filosofía a máxima de Santo Agostiño “Si fallor, sum” (se me equivoco, existo), que a min lembroume sempre á frase cartesiana “cogito, ergo sum” (penso, logo existo).
A miña intuición investigadora levoume a sospeitar que o gran filósofo moderno tivo novas da obra de Pereira. Non só polas enormes coincidencias entre as teses de ambos, que tanto desacougo causaron no Centro Cartesiano de París, senón tamén porque ambas obras teñen a particularidade de titulárense “meditacións”.
Non consta que Descartes tivera máis contacto con Galicia que a través da ama de cría de Lérez que o aleitou cando quedou orfo de nai, con poucos meses de vida. Unha idade na que non podería ler manuscrito ningún, aínda que esta boa muller o levara agochado na faldriqueira.
Van pasando os anos e finaron xa, coitadiñas, as monxas que confiaron en min para amosarme esta obra inédita que considero un tesouro filosófico. Iso facilita que poida cumprir co compromiso de dar a coñecer a obra “no momento oportuno”. Fareino, probablemente, cando estea xa apousentado e teña algo máis de tempo, xunto con feixe de teorías que fun argallando para desentrañar o misterio da súa xenealoxía, do seu nacemento e da súa verdadeira identidade. Cóntase que as últimas páxinas da obra de Copérnico Sobre as revolucións das órbitas celestes imprimíronse o mesmo día da súa morte. Eu agardo poder dar ao prelo a obra de Pereira un pouquiño antes, se Deus me da folgos.
- Suspendidas todas las competiciones federadas de pesca deportiva de Galicia, con más de 500 deportistas afectados
- El colegio Peleteiro de Santiago pasa a integrarse en el grupo internacional Globeducate
- Dos locales gallegos, entre los mejores restaurantes de playa de España: 'Una verdadera oda a la gastronomía
- La Xunta nombra a la viguesa Eva López Tarrío nueva directora del CGAC
- ¿Quién está detrás de la compra del colegio Peleteiro de Santiago? Así es Globeducate, un gigante que educa a 40.000 alumnos en once países
- La panadería con una de las empanadas más famosas de Santiago: 'Uso a mesma masa coa que fago o pan
- Ames blinda por casi 390.000 euros la recogida de animales abandonados y el control de colonias felinas
- La primera MIR de Urgencias del CHUS: “Me gusta la acción y tratar la patología aguda"
