Opinión | Tribuna
EconLabGalicia
Novo ano, novo proxecto. Neste caso, de transferencia de coñecemento. Levo moito tempo incidindo nas páxinas deste diario na importancia de reforzar a conexión entre universidade e o seu entorno. Sen dúbida, moita xente xa está a facer as cousas ben; as reitorías das tres universidades galegas están a darlle maior protagonismo nas súas estratexias e actuacións; as administracións son cada día máis conscientes da importancia de contar cos mellores á hora de pensar os problemas e as oportunidades do país, e déixenme salientar aquí o valioso rol da Real Academia Galega da Ciencia na última década, especialmente no último lustro, na valorización do talento que atesoura no sistema universitario galego.
Estamos convencidos de que Galicia pode ser un polo de innovación en políticas públicas no eido autonómico. No medio da pandemia, alguén dixo que sairiamos mellores. Eu estou convencido de que en Galicia foi así. Fíxonos entender moito mellor as vantaxes da cooperación e do traballo conxunto, por riba de perfís profesionais ou de perspectivas ideolóxicas; de que goberno e sociedade chegan máis lonxe cando pensan os problemas conxuntamente.
O novo proxecto é un grao de area máis. O eixo central serán as políticas públicas con contido e relevancia económica; nomeadamente todo o que ten que ver con gastos e ingresos públicos e co sistema de financiamento autonómico, no que xa levamos anos traballando. Do que se trata é de facelo de xeito máis ordenado e protocolizado. Podemos e debemos ser máis ambiciosos. Podemos, porque temos capacidade; e debemos, porque coa forte descentralización que existe en España, os galegos e a Xunta temos capacidade para alterar o escenario. E non cabe agardar que sexa dende Madrid que nos fagan o traballo no noso espazo competencial.
Por iso, arranco 2025 coa ilusión da posta en marcha deste novo proxecto, coa mesma ilusión coa que Emilio Pérez Nieto e máis eu puxemos a andar o Foro Económico de Galicia no ano 2010. A filosofía de fondo e moitas das persoas que participarán en EconLabGalicia son as mesmas; o éxito haberá que traballalo.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado
- Un vuelo Madrid-A Coruña acaba regresando a Barajas tras desviarse a Santiago y no poder aterrizar
- Santiago vive un fin de semana para no quedarse en casa: conciertos, Carnaval, San Valentín y mucho más
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
