Opinión | Ao Sur
Abril Oteriano
Fun testemuña no Liceo de Ourense da décima edición do Abril Oteriano, unha xornada organizada pola Fundación Otero Pedrayo que preside o académico e profesor Eduardo López Pereira. Puidemos gorentar da sabedoría de Xesús Alonso Montero, de Carlos Baliñas e de Agusto Pérez Alberti sobre diversos aspectos de Otero. Tamén das voces agarimosas de Malores Villanueva e Antón Vidal para poñer en relación a don Ramón con Galaxia, decana das editoriais galegas que conmemora os seus 75 anos.
No número monográfico dedicado a Otero Pedrayo, que publicou a Revista Raigame no ano 2001, fixen un retrato dos alicerces filosóficos do seu pensamento. Quen teña sensibilidade de ler desde esta clave o Ensaio histórico sobre a cultura galega descubrirá unha filosofía da historia de Galicia finamente descrita.
Para el ninguén debería dubidar que a realidade vital de Galicia non reside unicamente na paisaxe ou na lingua, con seren importantes, senón que a orixinalidade da nosa existencia inclúe tamén unha interpretación filosófica da existencia, un proceso creador que agroma na literatura, ou un sentido espiritual agochado na relixiosidade e no humanismo cristián, que o Apóstolo Santiago trouxo ata o noso recanto atlántico, «cousas elevadas, fundamentais –escribe Otero–, superiores, rasgos simples, insignificantes, de escaso simbolismo na aparencia, demostran a calquera espírito sensitivo e observador a orixinalidade galega».
Deste xeito, aquel home tan sabio como humilde, que se considera a si mesmo un romántico, unha vella pantasma do século XIX, foi quen de construír unha filosofía da historia de Galicia que enxergou co sentido da historia da cultura occidental, da que formamos parte.
Don Ramón desterraba unha visión folclórica da nosa Terra para darlle un sentido transcendente, unido tanto á tradición como ao porvir. No seu catecismo filosófico estaba inscrito con letras de ouro que soamente os pobos que posúen o sentido da súa tradición poder aspirar a un futuro en liberdade.
Un pobo que renuncia a súa tradición, coa escusa de incorporarse ao tren da modernidade, non terá unha existencia de seu porque acepta ser escravo doutros. Galicia era para don Ramón, e para o galeguismo todo, célula de universalidade. Por iso, o coñecemento da historia era a mellor garantía para construír o porvir pois nela latexa a alma dos pobos. Cómpre, unicamente, guiar esta alma, obedecéndoa.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
