Opinión | Res Pública
Riscos fiscais en aumento
Aínda que é doado deixarse levar pola urxencia do día a día, a política presupuestaria debe ir sempre coas luces longas postas. A realidade é teimuda: as tendencias de longo prazo, as novas demandas e a crecente frecuencia de eventos extremos condicionan as contas públicas e obrigan a repensar como xestionamos os recursos colectivos.
Canto as tendencias, salientan dúas. Por unha banda, o cambio climático, que xa empurra á alza o gasto público, ao obrigar a investir en prevención e adaptación, e tamén en repoñer o perdido. Por outra, o avellentamento da poboación, cuxos efectos coñecemos ben polo lado do gasto (máis pensións, máis sanidade), pero dos que sabemos menos no lado dos ingresos fiscais. Sen dúbida, outra megatendencia como é o desenvolvemento da intelixencia artificial podería xogar ao noso favor, ao reducir o custe dalgúns bens e servizos públicos. Facelo efectivamente dependerá de que se impoña unha maior proactividade no sector público.
Entre as novas demandas salienta o gasto en defensa. España, cun esforzo baixo neste eido en perspectiva comparada, terá que aumentar o investimento nos próximos anos para adaptarse ao novo contexto internacional, o que supón un reto adicional para o equilibrio das contas. Teño para min que sería moito mellor que a defensa fose un servizo centralizado para o conxunto da Unión Europea. Poderíamos facer moito máis gastando menos que se vamos por separado. Mais non hai que esquecer que o nivel de partida de España é moi baixo.
Os eventos extremos –asolagamentos, riadas, lumes...– son cada vez máis frecuentes e intensos. O recente informe da AIReF sobre riscos fiscais lembra que debemos reforzar os mecanismos de resposta, adaptando os fondos de continxencia ao valor esperado destes riscos, pero sen caer na tentación de sobredimensionar recursos que, na maioría dos anos, non serán necesarios. A creación da Reserva para Solidariedade e Axudas de Emerxencia (SEAR) foi un paso intelixente, mais probablemente insuficiente. Por iso, cómpre facer pedagoxía: un Estado cunha ratio de débeda do 60% ten moita máis capacidade de resposta ante unha crise que outro cun 100%. Aproveitar as épocas favorables para reducir a débeda non é só prudencia: é investir en capacidade de intervención futura.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
