Opinión | Res Pública
Xeoestratexia
No almorzo de traballo do Foro Económico de Galicia celebrado esta semana na Zona Franca de Vigo, Pedro Nonay puxo sobre a mesa cuestións de fondo sobre a xeoestratexia global que non deixan indiferente a ninguén. Tres ideas principais emerxeron no debate, todas elas cunha diagnose pouco alentadora para Europa e, por inclusión, para Galicia.
A primeira é o debilitamento da multilateralidade no escenario internacional. O mundo está a volver a unha dialéctica de dúas superpotencias, agora China e Estados Unidos, que mudan o seu xeito de relacionarse co resto do planeta. Mentres os Estados Unidos replega e comeza a esixir máis aos seus socios, China avanza sen recorrer ao conflito bélico, pero cunha vontade expansionista implacable no eido económico. Este novo equilibrio de poder está a redefinir as regras do xogo global.
En segundo lugar, a Unión Europea aparece descolocada. O seu socio principal, Estados Unidos, reclama máis compromiso e recursos e promete menos apoio. Rusia amosa unha actitude agresiva no militar. En paralelo, Europa quedou atrás na revolución tecnolóxica das últimas décadas e leva tempo vivindo en crise permanente. A sensación xeral é de estar atrapados nun marco normativo e procedementos que restan máis do que suman, alimentando o pesimismo sobre o futuro do proxecto europeo.
Asemade, Nonay advertiu sobre os inminentes cambios de rumbo na transición enerxética e nos compromisos medioambientais, da man das novas realidades xeopolíticas e económicas.
No seu conxunto, esta diagnose é inquietante, e lévase mal coa miopía do debate público actual, centrado en cuestións moi menores e que non é quen de elevar a mirada. O corolario é claro: cómpre reflexionar e actuar con maior ambición e visión estratéxica. A alternativa é camiñar cara a irrelevancia política, cultural e económica no Mundo.
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
