Opinión | Cifras e letras
Noxo
O noxo é a impresión desagradable causada por algo que repugna. Todo o mundo coñece a sensación de noxo e seguro que a experimentou moitas veces. O noxo é unha emoción básica que a evolución creou para nos protexer de cousas que potencialmente poderían ser daniñas para nós. O noxo que nos produce o podre ou o tóxico, por exemplo. Pero tamén podemos sentir noxo polo inmaterial e unha persoa pode darnos noxo, así mesmo. No meu caso non polo seu aspecto, senón polas súas ideas.
Se o noxo serve para protexer a nosa boca do que non debe ser inxerido, serve tamén para protexer o cerebro daquilo que o intoxica. Por iso prefiro sentir noxo de quen ve no xenocidio do pobo palestino a mans de Israel unha tarefa que non hai que deixar a medias.
Sinto noxo de quen ve neste xenocidio unha maneira de despexar o terreo, trocando solares por vidas inocentes. Tamén por quen pensa que se trata de defender os valores occidentais nunha rexión onde aínda non fomos quen de impoñelos. Sinto noxo de quen se mofa da frota que intentou levar a Gaza axuda humanitaria e amosar aos palestinos que unha parte da humanidade aínda é humana.
O noxo apártanos dos velenos, daqueles que accidentalmente poderiamos tragar, pero tamén dos que intoxican a nosa mente. Cando algo nos dá noxo na boca, adoitamos sentir arcadas e o corpo enteiro responde para expulsar o que nos desagrada en extremo. Cando sentimos noxo pola acción ou omisión doutros, debe ser o noso cerebro quen diga que abonda e rexeite a podremia do ser humano, a vileza, a crueldade extrema, a falta de humanidade.
Resulta paradoxal que quen agora exerce a barbarie son, en moitos casos, fillos ou netos dos que a sufriron antes. Daquela tamén a propaganda do Terceiro Reich procuraba deshumanizalos. Na radio, no cinema, en carteis ou na prensa, os xudeus foron comparados con ratas, piollos e pestes. Tratábase de xerar repugnancia para xustificar así a labor de «hixiene social», que non era senón o seu exterminio, mentres o mundo permanecía maioritariamente impasible, como agora. Como escribiu Primo Levi, «ocorreu, polo tanto, pode volver ocorrer» e, por desgraza, está a ocorrer.
Mirar para outro lado, pechar os ollos ou poñerlles vendas vólvenos cómplices de quen aperta o gatillo. En ocasións, ignorar e aplaudir van da man, e non ten máis escusa quen di que nada pode facer que quen di que hai que seguir facendo ata rematar o comezado.
Non son dado a criticar e moito menos a desprezar, pero se non sentise noxo segundo de que cousas e segundo de que actitudes, o meu cerebro vomitaría a miúdo e mesmo correría o risco de intoxicarse de maneira irreversible, e quizais eu mesmo me volvería insensible e inhumano.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
