Opinión | NEGRO SOBRE BRANCO
Santiago e a Universidade
Hai uns cambios observados no panorama humano da cidade compostelá que resultan chamativos, examinados nunha perspectiva temporal de medio prazo. Polas rúas da cidade, de día, e nos lugares habituais de encontro cidadán, hai dous grupos humanos predominantes: os peregrinos/turistas maioritariamente disfrazados de idem, e os poboadores da cidade en menor número -aparentemente-, de idade adulta ou máis (por non dicer xubilados). Vinte ou trinta anos atrás eses mesmos xubilados de hoxe constituían a paisaxe humana predominante e habitaban xunto cos estudantes (moi visíbeis) os espazos urbanos, con presenza en todo tipo de esferas de relación. Da noite non debemos falar, porque é un campo descoñecido, na súa maior parte, por quen isto subscrebe. Houbo un tempo pasado sen necesidade de se acompañar de nostalxia en que ese panorama humano era maioritariamente de xente moza, unha boa parte universitaria con presenza en todo canto espazo cultural, deportivo, festivo ou de convivio en bares, tabernas, restaurantes, pubs ou calquera outro espazo desa natureza. No cine, teatro, conferencias, debates, exposicións..., a presenza de xente moza era unha constante maioritaria. Como tamén o era a rica vida cultural de iniciativa de base que manaba da Universidade: as comisións culturais dos estudantes interesábanse de forma continúa en alongar máis alá do ámbito universitario as súas actividades. Hoxe dá a impresión -pode ser unha falsa apreciación- de que no cine, teatro, concertos, conferencias, debates e exposicións, o público predominante peitea cabelo branco. Desapareceron as comisións de cultura dirixidas e protagonizadas por estudantes. Non hai presenza desa actividade universitaria de extensión. E pola parte dos ex-traballadores, os xubilados, son hoxe os promotores de actos de extensión universitaria de todo tipo.
É sobradamente coñecido como cambiou a sociedade e como mudou a Universidade. A pregunta interesante é se o cambio foi para ben desde o punto de vista da mellora da vida cidadá en relación coa Universidade, ou se neste campo empeoraron, por baixa interacción e calidade, as relacións sociais que se podían derivar de ser unha cidade sede universitaria.
Como non temos unha resposta que se poida adherir a un exame científico, imos ficar só coa observación empírica e facer desa observación unha constatación. O certo é que sexa ou non universitaria hai unha participación xuvenil moi reducida nos actos culturais de traza e dimensión humana. Asisten masas de persoas novas -seguramente sen distinción de segmento social no eido cultural- a actos de natureza global con publicidade e propaganda de grandes acontecementos. Tanto unha estrela/cantante mundial como unha outra estrela ben anunciada e propagandeada nos medios de comunicación dirixidos ás masas, como un deportista do mesmo ámbito, como un/unha escritora (e que perdoen os escritores de verdade) de novo cuño que contou cun ‘negro’ para poder publicar, concitan acordo unánime nesas masas, nomeadamente de xente moza que acoden, pagan e pasivamente presencian con entusiasmo de grande acontecemento a actuación correspondente. Esta descrición pensamos que vale igual para a orquestra X que para a presentación dun libro dunha tertuliana da tele, que para unha cantante ianqui (150 euros a entrada conseguida en competencia perversa creada pola empresa vendedora), que para un futbolista que asina camisetas.
Isto pasa -non diremos que por desgraza- en calquera das nosas cidades e en calquera das do mesmo tipo e tamaño do noso entorno.
A penúltima pregunta interesante é: que cambiou na Universidade para non dar máis de si?
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
