Opinión | Res Pública
As reformas e a democracia
A polarización política está a transformar a lóxica esencial das democracias contemporáneas. Durante décadas, os estudos electorais asumían que unha maioría de votantes se identificaba con posicións próximas ao centro ideolóxico, e os partidos, atentos a esa distribución, desprazábanse cara ao centro para maximizar a súa probabilidade de vitoria. Porén, as tendencias recentes sinalan un cambio profundo: a sociedade está camiñando paseniñamente cara unha distribución bimodal, con cidadáns agrupados arredor de polos máis definidos da esquerda e da dereita.
Este fenómeno dificulta a construción de amplas maiorías capaces de avalar reformas ambiciosas e duradeiras; algo que é fundamental, porque boa parte das políticas públicas requiren certas doses de estabilidade a longo prazo.
O maior perigo é que a crispación e o desencanto pola falta de respostas alimenten a tentación de solucións autocráticas, que eses sentimentos dean pulo á idea de que a democracia é incapaz de ofrecer un goberno eficaz, acordos lexítimos e políticas consistentes.
A situación esixe repensar o equilibrio entre consenso e disenso, que os partidos non extremistas se comprometan a acadar grandes acordos de país que impliquen cesións recíprocas, creando unha base sólida sobre a que uns e outros, cando estean no goberno, podan logo tomar decisións en función de ideoloxías e preferencias dos votantes que os apoian. Só o diálogo e o pacto poden garantir unha democracia capaz de soster reformas de fondo e asegurar a estabilidade necesaria para o progreso colectivo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
