Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | NEGRO SOBRE BRANCO

Doutora en Economía

A irrelevancia da Unión Europea

Nos conflitos mundiais actuais afloran as distintas condutas dos diferentes Estados. Algúns vanse convertendo en feitos de cotío, normalizando até as guerras, as invasións, as fames e o padecemento humano. No caso do xenocidio do pobo palestino, tense dado unha revolta de nível mundial de rexeitamento total das accións do goberno israelita. Xunto coa denuncia dos cidadáns concienciados e solidarios, logrouse de forma case universal unha repulsa do xenocidio. E danse distintos chanzos deste rexeitamento: gobernos -un dos primeiros foi o español-, institucións internacionais, organizacións non gobernamentais de ámbito mundial... Por esta razón é rechamante para os cidadáns comunitarios -cidadáns de Estados membros da UE- que teñen manifestado de forma reiterativa o seu asombro ante a inacción da UE diante dos continuos bombardeos e mortes: até ser denominada irrelevancia internacional da UE. A destrución de Gaza non ten parangón nen xustificación posíbel, mesmo tratándose dunha guerra, que non é o caso. E onde aparece interpelada a Unión Europea maniféstase ao tempo a súa ausencia en política internacional, en influencia política mundial e en capacidade de se determinar fronte ás potencias mundiais evidentes. É máis, moitos cidadáns -diriamos que cun certo verniz de inxenuidade- reclaman á Unión un compromiso neste asunto de vida, con proxección mundial. A inxenuidade vén, ao noso entender, da man de participar dunha idea romántica do grao de integración existente na Europa da Unión. A UE é un proxecto de macro-estado en construción (como as páxinas ‘web’, dos que non teñen páxina ‘web’). E nese proceso de construción hai fases, con dominio duns elementos sobre outros, semellando que se dan pasos cara adiante e outros cara atrás. Seguramente na fase actual está deixando transparentar as partes menos nobres desa unión desexada. Unha das contradicións evidenciadas é o distinto compromiso internacional dos diversos estados comunitarios. Non ten a ver coa cor do goberno, dos partidos coaligados, nen do degrau de desenvolvemento económico. Da posición dura alemá -que parece unha subdelegación de USA- ás aparentes contradicións de Italia e Francia hai toda a gama de manifestacións e posicionamentos fronte ao xenocidio. O goberno español defendeu a posición valente de lle chamar ao xenocidio polo seu nome e con esta orientación liderar as posicións dos socios comunitarios até chegar á ONU e a súa declaración a favor do cesamento da invasión dos bombardeos, dos ataques, da estratexia da fame e asedio; en fin, da restauración dunha convivencia entre dous pobos para lograr dous estados.

Alemania tapa as súas vergoñas amparándose nunha construción ideolóxica sen sentido. Non é críbel, non se compadece con outras políticas exteriores e intracomunitarias, alegar o holocausto para se aliñar sen fisuras co goberno sionista de Israel. Seis anos despois de rematar a II Guerra, de sufrir nas propias carnes os horrores da mesma, toma a decisión de se aliar con Francia para construir a CECA, A Euratom e o Mercado Común Europeo (o Tratado de Roma en 1957 coas trincheiras aínda abertas). É moi pouco críbel que o grande esforzo de esquecemento -con perdón e colaboración- fora feito nos anos 50 do século pasado e hoxe, 80 anos despois, o holocausto serve para xustificar pechar os ollos ante un xenocidio. Deberíamos preguntar tamén por que non tiveron reparos para vender armas na guerra dos Balcáns co resultado coñecido. A suposta conciencia do pasado, agora non serve. Deberán buscar outra escusa para exerceren de diácono, de servidores dos USA.

Tracking Pixel Contents