Opinión | Negro sobre branco
A reparación económica na Lei
De Memoria Democrática de 2022 que substituíu á Lei de Memoria Histórica de 2007. Nesta anovada Lei contémplase o dereito á reparación de todas as vítimas do franquismo: tanto no período 1936-39 como nos feitos ocorridos ao longo da ditadura. A aplicación do principio de reparación inclúe a reparación/restitución da honra dos sentenciados, condenados, encadeados, perseguidos, asasinados ou sometidos á persecución legal con multas de diversa contía, como tamén a reparación económica que entendemos como restituír a situación patrimonial dos represaliados á situación primexenia. Un primeiro paso é decidido no texto da lei ao considerar nulos de pleno dereito (di textualmente: radicalmente nulos) os xuízos sumarísimos a que foron sometidos cidadáns leais á república legal e lexitimamente constituída. O colmo da farsa xudicial foi condenar aos cidadáns xulgados por traición: ao do golpe de estado!!!. Por aplicación deste dereito á honra e anulación da condena, recupéranse no seu status como cidadáns respeitosos das leis. A vida perdida non é recuperábel, como evidente é, mais esa reparación anulando o xuízo constitúe un primeiro chanzo do camiño da reparación ansiada.
Queda fóra deste apartado a reparación esperábel para todos aqueles/as que foron vítimas de represión e mesmo de morte, sen a farsa de xuízo: os paseados, os asasinados nas gabias das estradas e camiños, en fin, todos aqueles que nen hoxe -89 despois- están debidamente enterrados. Volver a vida tampouco se pode, pero nestes casos a reparación semellaría precisar dunha indagación feita de oficio e non como produto de accións voluntarias de oenegués sen fondos suficientes para a recuperación.
Mais hai outro aspecto, cal é a reparación económica que aínda ficou pendente de desenvolvemento na Lei do 22. No artigo 31 desta lei recoñécese o dereito ao resarcimento dos bens incautados e ás sancións económicas impostas por razóns políticas, ideolóxicas, de conciencia ou crenza relixiosa durante a guerra e a ditadura. Arbítrase para este cumprimento un procedemento que aínda non foi estabelecido: non existe vía legal para solicitar a avaliación do valor do incautado, a certificación do mesmo e o resarcimento económico dese valor auditado. O procedemento estancouse en 2022-2023 ( a lei dispuña dun ano para instaurar o procedemento de auditoría) e a día de hoxe non son reclamábeis os bens incautados, mesmo no caso dun consello de guerra condenatorio e incautatorio. Queda así unha importante parte do procedemento contemplado pola lei sen efecto, e tamén, por tanto, da aplicación do principio de reparación democrática na súa totalidade. Certas condenas teñen sido totalmente denotativas dese afán de vinganza proprio duns desalmados á fronte dun goberno ilexitimamente instaurado, neste caso pola forza das armas. En Lugo, o 21 de outubro de 1936 foron asasinados despois de consello de guerra sumarísimo D. Ramón García Núñez, gobernador civil en xullo dese ano; o doutor D. Rafael Vega Barrera, director do hospital de Santa María; D. Perfecto Abelairas, practicante do mesmo hospital; D. José Ramos e D. Ángel López Pérez, concelleiro de Lugo. Unha só das multas impostas, que supuxo a incautación do todos os seus bens, foi de 1 millón de pesetas. Sábese do destino dun deses bens: un auto Bentley que foi inmediatamente enviado ao goberno estabelecido en Burgos. Vese que tiña un ávido candidato a posuír bens mal adquiridos, aínda que cun amparo aparentemente legal. Queda moito por seguir desenvolvendo a norma así como dotala convenientemente para poder cumprir os seus obxectivos.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
