Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Res Pública

Director do Foro Económico de Galicia

Franco e a ditadura

Parece mentira que cincuenta anos despois haxa que seguir insistindo nestas ideas, porque unha porcentaxe elevado dos españois de hoxe non o teñen claro. Toca ser teimudo.

Da igual a dimensión que mires: dereitos políticos e autogoberno, servizos públicos e pensións, infraestruturas e PIB per cápita, igualdade de xénero e dereitos lingüísticos... Franco foi o principal causante do noso retraso como país e como sociedade. Aniquilou capital humano e social, represaliou o talento, sufocou a iniciativa privada baixo unha autarquía asfixiante, e converteu España nunha nación illada e empobrecida mentres Europa avanzaba.

O punto de inflexión desta España gris e asfixiante foi a morte do ditador e a transición á democracia. Aí está a orixe dos éxitos de España nestes últimos cincuenta anos. Construímos institucións democráticas sólidas, integrámonos na Unión Europea, melloramos exponencialmente os servizos públicos a calidade de vida, conseguimos igualdade legal, avanzamos en dereitos civís e sociais, convertémonos nun dos países máis descentralizados do mundo. Certo que o proceso non foi perfecto, cometemos erros na orixe e no percorrido, houbo que facer concesións; pero o resultado pagou as pena: máis liberdade, máis igualdade, máis prosperidade.

Se nos din hai medio século que iamos ser quen de chegar onde chegamos, non o cremos. E cara adiante, a aposta non debe pasar polos extremismos, especialmente se eses extremismos renuncian ao coñecemento e militan nun revisionismo tramposo da historia de España. O que toca é voltar a un debate público e un diálogo político construtivo e que coide as formas, e no que o pacto non sexa imposible.

A política está para resolver os problemas colectivos, non para agravalos.

Tracking Pixel Contents