Opinión | Olladas ao país
Na Xunta non hai quen mire pola nosa seguridade
A Confederación Española de Policía (CEP) ven de denunciar que na Dirección Xeral de Interior o antigo delegado do Goberno nos tempos do aznarato, Santiago Villanueva, naufraga na xestión dos recursos persoais da Policía Autonómica (en realidade a Unidade da Policía estatal adscrita á Xunta de Galicia-UPA-), mentres o seu conselleiro (o ex vicepresidente da Xunta Diego Calvo) semella non estar para estas cousas. A CEP di que o cesamento do director xeral Villanueva “…no es negociable” e que “...el departamento de Interior de la Xunta parece el camarote de los hermanos Marx…” .
Pola súa banda, o Sindicato Unificado de Policía (SUP), denunciou a supresión parcial dos servizos de protección da UPA a respecto da residencia presidencial de Monte Pío, do Parlamento de Galicia e da sede dos servizos centrais do Goberno galego en San Caetano. Segundo o SUP a Xunta substitúe os servizos da UPA (cofinanciados ao 50% entre os Gobernos galego e estatal) por servizos de seguranza privada (que financiamos @s galeg@s ao 100%). Mentres, fontes sindicais denuncian a vulnerabilidade dos cadros policiais destinados a servizos de protección, tanto pola súa cativa dotación persoal como pola falla de chalecos antibalas.
A UPA, prevista para 500 prazas policiais, malvive nas 330-335, o que determinou a práctica supresión dos servizos de policía administrativa ambiental nas vésperas da vaga de lumes do último agosto e maila restrición a níveis non aturábeis para o servizo da policía administrativa de violencia contra a muller e menores. Galicia precisa unha policía de seu ben dotada para resolver os problemas vencellados coa seguranza. No eido administrativo a pesca, marisqueo, acuicultura, xestión do litoral, incendios forestais e medio ambiente, menores, violencia de xénero. Todas da competencia actual da Xunta. Os concellos grandes e medianos contan con Corpos policiais de seu para garantir a execución administrativa dos seus acordos. Porque o Goberno e a Administración galegas non contan con este instrumento? Pensemos que xa no 2007, hai xa 18 anos, a Lei de Policía de Galicia creou a Policía Autonómica e dispuxo unha “pasarela” para que todo o persoal da UPA se integrara de pleno dereito nas escalas e categorías que lles cumprisen na nova Policía deste país, excepcionándoo de determinados requisitos de idade máxima que non respostaban ao espírito desa pasarela.
Unha ferramenta análoga de “pasarela” deseñouse na proposición de lei aprobada pola unanimidade do Parlamento de Galicia (BNG, PPdeG, PSdeG) de transferencia das competencias de tráfico e seguranza viaria no 2008, rexeitada en Madrid en setembro de 2010 pola abstención do PP estatal e o voto en contra do PSdeG. Unha ferramenta que latexaba tamén nas recentes propostas do BNG para a transferencia das mesmas competencias e que veñen de se desenvolver na recente lei navarra.
En Nafarroa veñen de modificar a súa normativa foral institucional (o que sería o noso Estatuto) para que a Policía Foral asuma as competencias no tránsito e seguranza viaria da Garda Civil de Tráfico. Os gardas civís atinxidos poderán seguir a traballar nas súas funcións de tráfico en Nafarroa integrándose na Policía Foral, solicitar destino fóra do territorio navarro ou mudar de especialidade dentro da Garda Civil.
É dicir, cando no canto do cansazo moral, da austeridade de ideas, da indiferenza fronte ao futuro ou do máis reseso dependentismo hai ideas, ilusións, equipas, aptitudes e intelixencia e, sobre todo, vontade de resolver problemas da cidadanía, enfróntanse tarefas como a de garantir a nosa seguridade coa Policía de Galicia. Ou, nun plano de esixencia e intelixencia moi inferior, estabilizar a UPA actual a medio de acordos co Goberno do Estado como os que acadou o Goberno andaluz (PP), que permitiron a cobertura de todas as súas prazas. Seica vai ser verdade aquel dito galego: “onde non hai, non se pode apañar”
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
