Opinión | Negro sobre branco
Discurso borbónico
Hai uns días o xefe do Estado español, como sabemos de familia borbónica, século XXI, botou un discurso en formato mensaxe para decir absolutamente nada. Ou, o que é pior, do que se albisca, do que puido querer comunicar -en formato oráculo- dedúcese que o único colexíbel é reaccionario ou sen contido algún. Nen por forma, nen por contido estivo á altura do esperábel nun xefe de Estado, mesmo dun borbón.
Como presentación a transición, a Constitución e a transformación da sociedade. A que vén a conto en 2025 cara 2026 comezar citando un proceso mistificado de hai 50 anos?. Ou é que a súa lexitimidade ha ser recordada como outorgada por Franco situando un Borbón á fronte da xefatura do estado como garante dunha lexitimidade antiga? Mal comezo. E para rematala, di que en cinco décadas deuse unha gran transformación social. Só faltaría. Mérito de...?
En segundo lugar, expón a tese de que a convivencia é a base da democracia. Nunca tal se viu. Elevar o termo convivencia a un absoluto político que engloba, abranxe e contén o de democracia, é un feito extraordinario. De tanto intentar ser coloquial converte o discurso en sucesión de ‘chorrada’s sen contido nen significado nengún. Convivir, conviven todos os que están próximos, e, se non forman parte dunha entidade institucionalizada con normas democráticas, non son base nen célula de nada con forma social.
Terceiro, unha outra cualificación vulgar -suponse- dunha conduta política denominada os extremismos, os radicalismos e os populismos..., sen decir cales son, sen concretar, sen sinalar as condutas antisociais, é igual que non decir nada e xogar á busca de valores entendidos habitados nas redes sociais. E empiora cando dí: xa estivemos aí (cando, onde?). É dicer, sitúa o suposto debate político da dereita e extrema dereita na súa guerra particular de deslexitimar –con formas de taberna cuarteleira– o goberno legal e lexitimamente constituído, no centro dunha suposta análise que iguala todos os actores sociais. Non censura as condutas tabernarias senón o feito de existir o debate. Unha boa ocasión perdida para decir: os partidos políticos que non teñen o deber de gobernar no Estado deberían exercer unha oposición construtiva e leal ou destrutiva e leal, calquera das dúas, pero nos límites democráticos da convivencia democrática, agora si, con regras de conduta pre-estabelecidas.
E no penúltimo párrafo, di: somos un gran país. E decimos nos, será críbel despois das mixiricadas anteriores? Podía empezar por aí. Por exemplo. Somos un gran país, temos pasado nos últimos anos por situacións extraordinarias que foron salvadas grazas a un goberno e ao funcionamento dunhas institucións autonómicas que se empregaron a fondo en conseguir superar esas dificuldades: pandemia, caída da produción, paro, falta de investimento. Agora temos un crecemento económico modélico na Unión Europea (tamén usa Europa por Unión Europea, inadmisíbel), logramos a cifra de afiliados á seguridade social máis alta da nosa historia, integrando un número de inmigrantes extraordinario. Mesmo o crecemento poboacional dá conta dunha economía que albisca bon futuro. O investimento novo dá conta dese crecemento ben asentado e o consumo debido ao aumento salarial por riba da inflación tamén é unha alavanca de crecemento e, portanto, garantía de benestar social. Hai problemas como en calquera outro campo da vida social: a persoal, a familiar, a institucional, mais o bon saber convivir, en busca de certa harmonía facilitará a marcha dos acontecementos políticos.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
