Opinión | Res pública
A tiranía do statu quo
Ocorre en case todos os eidos. Tentar mudar as cousas activa resistencias. A chave para entender o fenómeno atópase na asimetría entre perdedores e gañadores. Normalmente as perdas e os perdedores, sexan de xeito transitorio ou permanente, aparecen mellor identificados, o que xera incentivos para organizarse colectivamente. E contraste, as ganancias e os gañadores percíbense máis difusos e suxeitos a máis incertidume: “vai ti a saber se acaba sendo como se imaxina”.
O resultado é a tiranía do statu quo, que só se pode vencer con líderes que estean dispostos a arriscar e afrontarse aos costes a curto prazo, cun debate público informado e de calidade no que os medios de comunicación son fundamentais, e con exemplos previos que permitan visualizar as vantaxes do cambio.
O eido local ofrece os mellores exemplos de todo o anterior. Pensemos o que custa converter en peonís as primeiras rúas dunha vila ou cidade. Afortunadamente, xa temos longa experiencia nisto, e excelentes exemplos como a cidade de Pontevedra. Por iso, os alcaldes que en 2025 teñan na mente un plan de gañar espazo para os peóns téñeno moito máis doado que aos que lles tocou selo nos anos noventa.
Máis difícil o teñen agora en Vigo co seu porto. Certo que o que está a acontener en A Coruña pode servir de referencia, pero cunha diferenza fundamental: o porto exterior de Langosteira va a permitir recuperar hectáreas de terreo no centro da cidade para usos alternativos. Vigo non ten esa opción.
Porén, iso non debera levar a aceptar o statu quo. O porto de Vigo está a quedar pequeno, cunha perda de competitividade dende hai lustros que castiga as posibilidades futuras de crecemento dunha cidade que é pulmón económico de Galicia. Se non é posible construír un porto exterior e desbotamos a ampliación, o que toca é reordenalo. Hai que pensar en todas as actividades que hoxe están dentro do recinto portuario e que se poderían mover a outros sitios sen que supoña un grande trastorno. Sobre todo, se o sector público cofinancia ese traslado. E os espazos que queden baleiros, dedicalos ao núcleo do negocio e tráfico portuario.
O porto de Vigo ben merece remangarse para alterar o statu quo.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover
